jueves, 20 de enero de 2011

PRÁCTICA NÚMERO 37

A RSS trátase dun formato de texto, estándar e público, que serve para distribuir titulares de noticias e contidos por internet dunha forma totalmente actualizada.


A RSS utilizase para publicar os titulares de noticias, a entrada dos blogs e os accesos a diferentes tipos de información. Actualmente a RSS estase a utilizar moito na educación, sobre todo para sindicar noticias sobre investigación de forma moi efectiva, módulos de aprendizaxe, empregos, novas publicacións, traballos científicos...

Ademais de todo isto, a RSS serve para que o usuario dentro da web atope información actualizada do que precise.


Os lectores do RSS poden clasificaren 3 grupos:

Lectores RSS que se instalan directamente no ordenador. Ex: Feedreader, Newsmonster e RSSReader.


Lectores RSS online. Ex: Netvibes ou Google Reader.


Lectores RSS no teu navegador web ou programa de correo electrónico. Ex: Internet Explorer, Mozilla Firefox, Outlook Express ou Mozilla Thunderbird.


No hay comentarios:

Publicar un comentario